608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Comezamos os obradoiros de Podcast en centros educativos

Como parte dos Premios Xosé Velo Mosquera. O Vello dos contos, comezamos este ano unha serie de obradoiros para primaria e secundaria. O obxectivo deste programa é aprender aos participantes na creación de podcast, ensinarlles referentes e formatos de podcast e guiarlles na creación do seu programa. Para isto deberán familiarizarse co manexo de software e hardware de grabación (micrófonos, tarxetas de só, edición de audio, plataformas de publicación en liña, etc.). Tamén traballarán técnicas de investigación antropolóxica para obter ideas para os seus contidos. E por último, coñecerán os distintos formatos que pode ter o programa: monólogo, entrevista, panel de invitados, debate…

Milleiros de persoas acceden todos os días a contidos de audio a través dos seus dispositivos en todo o mundo. O formato de podcast é especialmente útil pola súa accesibilidade técnica para crealo e consumilo e porque permite que calquera persoa poida comunicar contidos, contar historias, recoller conversas, lembranzas ou costumes do seu entorno e a súa terra.

Ficha para comezar a desenvolver un Podcast de forma sinxela e accesible: Ficha inicial de Podcast

O VELLO DOS CONTOS

MENÚ