V Premios Internacionais de Podcast
XOSÉ MOSQUERA PÉREZ “O vello dos contos”
O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración con Ponte nas Ondas convocan os V Premios de Podcasts en galego e portugués, Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”. Nesta iniciativa colaboran outras entidades que velan pala defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas como Oral de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, a EASD Mestre Mateo, a Real Academia Galega, o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística-.Os obxectivos destes premios son:
1) Promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos.2) Fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a súa vinculación coas novas tecnoloxías da información e da comunicación.
3) Favorecer o uso da lingua entre a mocidade en ámbitos asociados á oralidade.
4) Incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galega e portugués.
5) Fortalecer os vínculos coa lusofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.
BASES
- 1. Poderá concorrer o alumnado de 1O a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5° e 6° cursos) e de secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra de Galicia. Tamén poderá participar o alumnado de 1O a 18 anos de centros educativos públicos do Norte de Portugal.
- 2. Nesta edición, aceptaransepodcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e a obra de Fernández del Riego, persoeiro a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2023, e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte Portugal. Cada podcast terá unha duración máxima de 3 minutos.
- 3. Admitiranse obras orixinais e inéditas, individuais ou colectivas, en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente publicada pala Real Academia Galega) ou portuguesa (segundo o novo acordo ortográfico).
- 4. A música e os efectos sonoros que se empreguen deberán ser orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para este fin educativo. As obras difundiranse baixo a licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento»,«non comercial» e «compartir igual».
- 5. O centro deberá contar coa autorización da nai, o pai ou representante legal do alumnado menor de idade para usar a súa imaxe nas accións de difusión do certame en webs, medios de comunicación, redes sociais etc., sempre con fins didácticos e sen ánimo de lucro.
- 6. A solicitude de participación formalizaraa o director ou directora do centro educativo antes do 21 de decembro de 2022 enviando un correo electrónico ao enderezo:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
No asunto indicarase “Premio Xosé Mosquera Pérez” e o nome do centro. - 7. Os traballos, unha vez rematados, deben ser enviados por correo electrónico ao enderezo:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Realizarase un envío diferente para cada traballo. Deben incluír obrigatoriamente un arquivo adxunto onde figure o título do traballo e o nome do centro educativo, así como unha relación do alumnado participante (nome e apelidos, idade, curso, enderezo postal, teléfono e correo electrónico), do profesorado responsable e colaborador, e todos os datos do centro educativo (nome, código, enderezo, teléfono e enderezo electrónico). - 8. O prazo de presentación dos traballos finalizará o 1 de maio de 2023.
- 9. Establécense os seguintes premios:
- 9.a. Premio ao mellor traballo do alumnado de 5° e 6° cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca, unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.
- 9.b. Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria de Galicia, doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, cursadas fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca e unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.
Os traballos finalistas tamén recibirán unha escultura orixinal inspirada na figura do Vello dos Cantos, realizada por alumnado da EASD Mestre Mateo de Santiago, así como cadanseu lote de libros e un diploma acreditativo. Os traballos gañadores serán emitidos e divulgados en Radio Galicia e poderán quedar accesibles a través da web da organización e das entidades colaboradores e do portal www.ovellodoscontos.gal
O xurado estará composto por 4 ou 5 membros designados palas entidades organizadoras e colaboradoras. Nos criterios de selección valorarase a calidade lingüística, a expresividade e interpretación; a orixinalidade, creatividade e innovación; e a calidade técnica. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer antes do remate do curso.
Se as condicións o permiten, as obras gañadoras serán emitidas no acto público de entrega de premios dos V Premios lnternacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez, que se realizará no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, antes do remate do curso escolar 2022-2023. A participación neste certame implica a aceptación total das súas bases. O xurado reserva para si o dereito a interpretalas, cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento. A presentación a este certame implicará, no caso dos traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen.