608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA X.VIZOSO

Sala 4 | Ilustración e Logotipos

Vizoso é un dos grandes ilustradores da bibliografía galega moderna. E isto nun dobre sentido: tanto como deseñador e ideador de innúmeras capas (e contracubertas e aínda maquetas enteiras) das máis diversas obras coma tamén como responsable das ilustracións interiores de infinidade de títulos. E, neste sentido, a importancia das súas creacións adquire un dobre relevo: dunha banda, moitos dos seus traballos de ilustración constitúen un relato artístico de primeiro nivel, tecendo un feraz diálogo coas obras textuais que acompañan. Doutra parte, as súas magníficas tapas (tamén contracubertas e deseño de maquetas) resultan un soleira determinante na consideración e proxección dos volumes que visten.



Impresionar cunha simple ollada, fixar na retina a imaxe -necesariamente positiva- dunha marca, dunha empresa, dunha entidade ou dun evento é a finalidade dunha imaxe corporativa. Un emblema ten que ser unha representación gráfica dunha idea que transmita empatía, vinculación do receptor co ente representado. Trátase de símbolos obrigados a adaptarse aos soportes e espazos nos que a realidade que representa precisa estar. Un anagrama debe ser impresionante, lexible, doado de manipular e alterable. Polo tanto para crear unha imaxe de marca faise necesario posuír un amplo dominio do debuxo, de materiais e soportes, de psicoloxía aplicada á mercadotecnia, dominio dos tipos e da cor. Todas estas características cúmpreas Xosé Vizoso, artista que amosou a súa habilidade creando un elevado número de logotipos que axudaron a promover ou lembrar produtos, servizos e eventos.



MENÚ