608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Telexornal Mediodía - TVG | 23 mar 2022

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5575610?t=2688


Telexornal Galicia 1 e Telexornal Galcia 2 - TVE | 12 abr 2022

https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/12-04-2022/6487339/


A Deputación da Coruña inaugura en Buño unha mostra sobre o artista Xosé Vizoso - Galicia Confidencial | 23 mar 2022

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/193222-deputacion-coruna-inaugura-buno-mostra-artista-xose-vizoso


La Diputación de A Coruña inaugura en Buño una muestra retrospectiva sobre el artista Xosé Vizoso -  Galici@ Press | 23 mar 2022

https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/3506825/diputacion-coruna-inaugura-buno-muestra-retrospectiva-sobre-artista-xose-vizoso


Buño acolle a pintura, os debuxos e a cerámica do polifacético Xosé Vizoso - El Correo Gallego | 24 mar 2022

https://www.elcorreogallego.es/concellos/buno-acolle-a-pintura-os-debuxos-e-a-ceramica-do-polifacetico-xose-vizoso-LA10767862


Ilustraciones del 79 para el Forno do Forte - La Voz de Galicia | 24 mar 2022

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/03/24/ilustraciones-79-forno-do-forte/0003_202203C24C6999.htm


Abre la nueva etapa de actividades expositivas en el Forno do Forte - NH Diario | 24 mar 2022

https://nhdiario.es/abre-la-nueva-etapa-de-actividades-expositivas-en-el-forno-do-forte/


El Ecomuseo de Buño reabre tras su remodelación con una exposición de Xosé Vizoso - Diario de Bergantiños | 23 mar 2022

https://www.diariodebergantinos.com/texto-diario/mostrar/3507296/


UNIVERSO VIZOSO

Cando unha galiña pon un ovo faillo saber a toda a aldea mentres que unha troita deixa milleiros no río sen que niguén se decate. Con este sinxelo exemplo describía Xosé Neira Vilas o traballo artístico, sempre humilde e discreto, do amigo Xosé Vizoso. Coñecímonos con motivo dunha reportaxe televisiva que fixen sobre unhas pezas que Sargadelos estaba a preparar para conmemorar o cuarto centenario do Quixote. Fixémonos amigos e logo comezamos a argallar proxectos xuntos, coma o mítico Mural do Furriolo, unha homenaxe ás vítimas da represión franquista, “un berro de liberdade e diginidade”, como dixo Isaac Díaz Pardo o día que o inauguramos nun acto memorable en Celanova (Ourense). Esta primeira exposición retrospectiva sobre Vizoso é, xa que logo, un relato moi persoal e fondamente marcado pola nosa relación de amizade. Velaquí unha pequena mostra da súa traxectoria profesional como ilustrador, deseñador, ceramista, escultor, escenógrafo, cartelista, muralista, pintor ou caricaturista, sempre a carón de Isaac, no departamento de deseño de Sargadelos, unha expo pensada e deseñada para este lugar no que estamos, en Buño, un dos berces da olaría de Galicia. Este proxecto nace cando descubro o Universo Vizoso no seu obradoiro de Brión. Dende ese día escoito falar as pezas de cerámica, os bocetos e os cartaces das romerías e festas populares, os retratos cacarexan, e fálanme os seus murais e as ilustracións dos oleiros de Galicia, aos que homenaxea coma ninguén e cuxo proceso creativo ilustra maxistralmente cos seus debuxos nun cartafol que agora editamos, coincidindo coa inauguración desta mostra retrospectiva no Ecomuseo Forno do Forte de Buño. Como non collemos todos no obradoiro de Vizoso, preparamos esta pequena exposición que é so un petisco dunha obra artística inmensa e imprescindible na arte contemporánea galega. Unha viaxe iniciática polo Universo Vizoso. Un mundo ateigado de tesouros que habitan o máxico estudio deste artista e que so agardan alguén que organice por fin unha ampla retrospectiva, como ben merece este troitón de prominente mostacho pouco dado a cacarexar.

Aser Álvarez González.

Comisario da exposición e director de Arraianos Producións.

MENÚ