608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Gaiteiro Vizoso postal Nadal

MÚSICA DOCUMENTAL “XOSÉ VIZOSO E SARGADELOS” 
A música que acompaña a “Xosé Vizoso e Sargadelos”, inspírase na súa frase “Todo o que está aquí ten orixe na cultura nosa , todo está desarrollado a partir do que hai aquí, das crenzas populares…”

Ese é o obxectivo principal, pór en valor a nosa cultura inspirándose na tradición.

Así, no tema musical principal que abre e pecha o documental, aparecen melodías pausadas inspiradas na melancolía dos Alalás ou no ritmo bailable e alegre das Muiñeiras. Na interpretación ocupan un lugar destacado os instrumentos tradicionais como o Pito galego, a Pandeira ou o Birimbao, timbres e ritmos que nos acompañan e identifican culturalmante. As súas palabras son acompañadas con cantigas tradicionais e populares na voz medieval e laiosa da Zanfona, que tamén serve de inspiración nos seus debuxos e pezas de Sargadelos. Soan as músicas das cantigas: “Cabaliño branco, cabaliño negro”, “Non canto por cantar ben ” e  “Eu teño un canciño”.

 Moisés Quintas


1. VIEIRO.


2. CABALIÑO BRANCO.


3. CONVERSA.


4. ALALÁ.


5. NON CANTO.


6. EU TEÑO UN CANCIÑO.


7. O FERREIRO.


8. LAIO.

Gravación, mistura e masterización: Tameiga Sons.

MENÚ