608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Para divulgar a vida
e a obra de Xosé Vizoso e a súa intensa relación con Sargadelos, Arraianos Producións está a desenvolver dende hai meses un proxecto pedagóxico, en colaboración de tres centros educativos de Brión e Santiago de Compostela, onde se están a organizar actividades arredor da exposición itinerante de carteis de Xosé Vizoso que levamos a estes centros.

Froito deste proxecto didáctico e co obxectivo de familiarizar ao alumnado co proceso creativo deste artista multidisciplinar, ademáis de conexións online co propio artista para falar sobre a súa obra exposta nestes centros, tamén realizamos unha entrevista coa colaboración do alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago, dando como resultado unha peza que tamén forma parte deste proxecto singular e multimedia sobre Xosé Vizoso e Sargadelos.


FOTOS DA RODAXE

MENÚ