608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Xela Arias Sen Fronteiras

Consulta o libro "Xela Arias Sen Fronteiras" aquí

Xela Arias sen fronteiras é moito máis ca un libro. Este proxecto multimedia é un percorrido sensorial por moitas desas fronteiras que cruzou Xela ao longo da súa vida, consciente de que é nos lindeiros onde acontecen as cousas máis interesantes. Por iso foi sempre unha forza desfronteirizante, que soubo derrubar muros e valados coa súa arte transgresora e coa súa radical independencia. Fíxoo como muller comprometida que era, mais tamén como nai, como poeta, filla, narradora, tradutora, editora ou letrista de rock.

Velaquí un petisco de todas estas Xelas, que non collen nesta fotobiografía sonora. Unha obra colectiva na que temos a sorte de contar coas imaxes do seu arquivo familiar e tamén coas fotos de Xulio Gil, quen foi parella de Xela Arias e pai do seu único fillo, Darío, a quen lle agradecemos moi especialmente o seu agarimo e xenerosidade para axudarnos a facer posible esta achega en forma de obra multimedia. Un proxecto no que hai desde rap e rock and roll ate poesía, desde pezas audiovisuais ou podcasts feitos por nenos e nenas, até a voz da propia homenaxeada nas Letras Galegas de 2021. Dámosvos a benvida a esta Xela Arias sen fronteiras.

MENÚ