608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

4º Edición | Traballos Premiados

ACTA DO XURADO

O xurado do IV Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”, reuniuse virtualmente para valorar os magníficos podcasts e relatos radiofónicos realizados polos máis de 50 centros participantes no concurso, que bateu novamente un récord de participación en calidade e cantidade de traballos. Este certame, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os finalistas) , a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia - Cadena Ser, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia. Logo de valorar e compartir opinións acerca dos traballos finalistas, o xurado acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría

Os podcast gañadores do IV Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos” son:


Categoría de primaria

CEIP San Tomé - Cambados, Pontevedra | Entrevista a don Maio Galán

Categoría de secundaria

IES Alexandre Bóveda - Vigo, Pontevedra | As letras de Flow(rencio)

O xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle este ano un premio especial ao podcast titulado A rimar con Florencio Delgado do CEIP Raíña Fabiola de Santiago de Compostela, A Coruña pola súa participación activa nos obradoiros de podcast e a alta calidade do traballo do alumnado de 4º de primaria. O xurado quere destacar o extraordinario nivel dos traballos realizados e o esforzo do alumnado e do profesorado.


FINALISTAS DA CATEGORÍA DE PRIMARIA


FINALISTAS DA CATEGORÍA DE SECUNDARIA

MENÚ