608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Bases IV Premios Podcast

IV Premios Internacionais de Podcast

XOSÉ MOSQUERA PÉREZ “O vello dos contos”

BASES O VELLO DOS CONTOS

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións convocan os IV Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”. Nesta iniciativa colaboran outras entidades que velan pola defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas coma os colectivos Ponte nas Ondas, Oral de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro,, a EASD Mestre Mateo, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas, o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística–.

Os obxectivos destes premios son:

  1. Promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos.
  2. Fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a súa vinculación coas novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  3. Favorecer o uso da lingua entre a mocidade en ámbitos asociados á oralidade.
  4. Incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués.
  5. Fortalecer os vínculos coa lusofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.

Bases do concurso

  1. Poderá concorrer o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6.º curso) e de secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra de Galicia. Tamén poderá participar o alumnado de 10 a 18 anos de centros educativos públicos do Norte de Portugal. 
  2. Nesta edición, aceptaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coavidae a obra de Florencia Delgado Gurriarán, persoeiro a quense lle dedica o Día das Letras Galegas de 2022, e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e Norte Portugal. Cada podcast terá unha duración máxima de 3 minutos.
  3. Admitiranse obras orixinais e inéditas, individuais ou colectivas, en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega) ou portuguesa (segundo o novo acordo ortográfico).
  4. A música e os efectos sonoros que se empreguen deberán ser orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para este fin educativo. As obras difundiranse baixo a licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento», «non comercial» e «compartir igual».
  5. O centro deberá contar coa autorización da nai, o pai ou representante legal do alumnado menor de idade para usar a súa imaxe nas accións de difusión do certame en webs, medios de comunicación, redes sociais etc., sempre con fins didácticos e sen ánimo de lucro.
  6. A solicitude de participación formalizaraa o director ou directora do centro educativo antes do día 6 de Decembro de 2021, mediante un correo electrónico enviado ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (no asunto indicarase “Premio Xosé Mosquera Pérez” e o nome do centro).
  7. Os traballos, unha vez rematados, deben ser enviados por correo electrónico ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Realizarase un envío diferente para cada traballo. Deben incluír obrigatoriamente un arquivo adxunto onde figure o título do traballo e o nome do centro educativio, así coma unha relación do alumnado participante (nome e apelidos, idade, curso, enderezo postal, teléfono e correo electrónico) do profesorado responsable e colaborador, e todos os datos do centro educativo (nome, código, enderezo, teléfono e enderezo electrónico).
  8. O prazo de presentación dos traballos finalizará o 14 de maio de 2022. 
  9. Establécense os seguintes premios:
  1. Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6.º curso de primaria de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca, unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e diploma acreditativo.
  2. Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria de Galicia, doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca e unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e diploma acreditativo.

Os traballos finalistas tamén recibirán unha escultura orixinal inspirada na figura do Vello dos Contos, realizada por alumnado da EASD Mestre Mateo de Santiago, así coma cadanseu lote de libros e diploma acreditativo. Os traballos gañadores serán emitidos e divulgados en Radio Galicia e poderán quedar accesibles a través do web da organización e dos colectivos colaboradores e do portal de Escolas nas ondas www.escolasnasondas.com

O xurado estará composto por 4 ou 5 membros designados polas entidades organizadoras e colaboradoras. Nos criterios de selección valorarase a calidade lingüística, a expresividade e interpretación; a orixinalidade, creatividade e innovación; e a calidade técnica. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer antes do remate do curso.

Se as condicións o permiten, as obras gañadoras serán emitidas no acto público de entrega de premios dos IV Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez, que se realizará no IES Rosalía de Castro de Santiago, antes do remate do curso escolar 2021/2022.

A participación neste certame implica a aceptación total das súas bases. O xurado reserva para si o dereito a interpretalas, cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento. A presentación a este certame implicará, no caso dos traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen.

O VELLO DOS CONTOS

MENÚ