608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

CRUCE DE CAMIÑOS

As tintas que se encontran. Os fluídos que se recoñecen. Do corpo nace un río de tinta que baixa polas corredoiras da noite ata dar cos teus ollos. Nesa luz pacen os cervos do amencer.

O sangue que se dilúe no tempo que avanza como lava. Os dedos tisnados coas últimas brasas da desfeita. Acariñar a palabra que aínda non ten forma.  Agarimala cos rescaldos do último alento. Para que naza. Para que encha o noso baleiro. Líquido. Como  canle de río que espera as chuvias de setembro. Esta voz deshabitada.

O azar é un refuxio.

Os filamentos da palabra medran no interior dese baleiro. Fertilizan o desenlace. Reconducen o río. Esa palabra líquida que desemboca na mudez. Mentres os tinteiros da noite se xean para que o teu corpo respire e se esperance. Para que me des a man se aínda é cedo para que non sufras nin me esquezas.

Para que a miña man te recoñeza.

Baldo Ramos

Ilustracións de Baldo Ramos

APÉNDICE, PRESENTACIÓNS, CRÍTICAS E ENTREVISTAS

NOVELA CON MOITOS SIGNIFICADOS, PROFUNDA E DIVERTIDA. «A ANTESALA LUMINOSA», DE ANTONIO TIZÓN

TEXTO DO PSIQUIATRA JESÚS CUBILLO LIDO NA PRESENTACIÓN DA NOVELA A ANTESALA LUMINOSA, DE ANTONIO TIZÓN, O XOVES 28 DE MAIO DE 2015 NA APEM (ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTAIS) DA CORUÑA.

A descrición dos cadros psicopatolóxicos nos textos e monografías profesionais tivo que ser necesariamente de carácter sintético, xa que debía englobar a singularidade de cada entidade clínica e, ó mesmo tempo, a variabilidade dentro de cada unha delas. Tradicionalmente os vellos tratados de psiquiatría incluían algúns casos clínicos particulares para ilustrar de modo máis próximo, máis humano poderiamos dicir, o que o texto principal expoñía de modo xeral e teórico. Isto é cada vez menos frecuente e moitos dos manuais que manexamos os psiquiatras, os estudantes e os residentes posgraduados, son catálogos de síntomas, criterios e condicións que pretenden homoxeneizar os diagnósticos, darlles maior valor estatístico e maior fiabilidade. Non dubido de que sexa conveniente e incluso necesario facelo así, pero non deixo de pensar que, na medida en que se intente uniformar a descrición de determinada enfermidade ou de certo trastorno, algo importante pérdese neste proceso. E creo que o que se perde é precisamente o carácter persoal, as referencias biográficas, a significación individual dos síntomas e, en definitiva, o contido vital de todo o cadro clínico especificamente orixinal e non repetíbel.

Por todo isto, a novela de Antonio Tizón, A antesala luminosa, ten na miña opinión valores engadidos ós puramente literarios, que son moitos e que, por si sos, dan lugar a unhas cantas horas de atenta e pracenteira lectura. Porque o libro de Antonio Tizón non é unha patobiografía, unha psico-patobiografía, non é o relato dun caso clínico, non é unha historia clínica. É unha novela, cuns protagonistas e uns cantos personaxes que participan nunha historia que, se non é real, é perfectamente verosímil. Dixen que é unha historia pero en realidade son varias historias que se entrelazan, ás veces converxen e ás veces se separan.

Alguén dixo na primeira presentación do libro na Coruña que A antesala luminosa non é unha novela negra senón mulata e, en efecto, hai moitos elementos de novela negra neste libro, pero tamén hai un armazón de vitalidade, de gana de vivir, de esperanza e de amor no bo sentido da palabra que transcenden con moito este xénero literario. E ó longo de todo o relato se respira un sutil sentido do humor.

Os valores engadidos ós que aludía antes son valores documentais: Gustavo Gallego, o protagonista principal, sofre, nun momento determinado, un episodio psicótico agudo e, tras numerosos avatares, é diagnosticado por fin de Trastorno Bipolar. O Trastorno Bipolar é unha enfermidade psíquica grave e persistente, que afecta a unha parte importante da poboación e que se caracteriza basicamente por alteracións da afectividade e do estado de ánimo, no sentido da aparición de episodios ou fases de exaltación do humor, que poden alternar, con frecuencia e cadencia extraordinariamente variábeis, con outros períodos de depresión severa. En ámbolos dous casos a gravidade e intensidade dos trastornos poden chegar á perda da noción de realidade, é dicir, á psicose e, polo tanto, a serios trastornos do comportamento. A antesala luminosa recolle, entre moitas outras cousas, un rexistro detallado das experiencias, vivencias, sentimentos, desexos, dúbidas e temores, patolóxicos e non patolóxicos, dunha persoa que padece un Trastorno Bipolar ó longo dos anos. Tamén recolle as experiencias e reaccións das persoas que o rodean, nun armazón de complexas relacións. A descrición do episodio psicótico inicial é precisa e clara, vívida e sentida, sen recorrer en ningún momento a terminoloxía técnica, fai ó lector participar da angustia do paciente e coñecer cada instante dunhas horas ou días de experiencias alucinatorias e delirantes, da exaltación do estado de ánimo, de vivencias inexplicábeis, de sentirse un superhome, o salvador do mundo, en unión mística con Deus e coa morte. A novela describe moi ben a perplexidade dos familiares ante a aparición de condutas anómalas, a súa preocupación, a busca das causas que expliquen os cambios que observan nesa persoa, antes de convencerse de que se trata dun trastorno mental e que necesitan a actuación dun psiquiatra. Os capítulos seguintes describen de maneira moi axeitada as vicisitudes polas que atravesan o paciente, os seus familiares e os seus amigos, a desconfianza respecto á psiquiatría, as dificultades do diagnóstico nas primeiras etapas, onde se pode apreciar tamén o desafortunado, por non dicir algo máis forte, dalgunhas intervencións profesionais.

Todos os síntomas do cadro maníaco aparecen despregados no relato das vivencias subxectivas e dos acontecementos deses días: a actividade febril, o pensamento acelerado, a fuxida de ideas, a desinhibición, o incremento desmesurado da libido, a falta da necesidade de sono, as ideas de grandiosidade, os sentimentos inefábeis de felicidade, alternando ás veces con temores e pesadelos que corresponden máis ben ó polo depresivo, a excitación, a irritabilidade, a suspicacia e, en fin, a desorganización total da actividade e conduta habituais.

Con frecuencia, con moita frecuencia, especialmente se o paciente non segue un tratamento axeitado, a unha fase maníaca sucédelle ó pouco tempo un episodio depresivo. Antonio Tizón, na súa novela, o cualifica de maneira enormemente expresiva: o inferno. A través da mirada de varios personaxes, ofrecésenos o terríbel dun trastorno que pode converter unha persoa nun morto vivente, incapaz de alcanzar o mínimo pracer, aparentemente insensíbel e indiferente a todo e a todos, asexado por terroríficas premonicións e cando se chega ó grado de depresión psicótica, enlouquecido por ideas delirantes de ruína, de catástrofe, de apocalipse, de desgrazas incontábeis para os que o rodean e para si mesmo. Todo elo nun clima de intensísima inquietude, de angustia insoportábel ou, polo contrario, de parálise, de inhibición absoluta, de incapacidade para falar, chorar, queixarse, moverse. E sen esperanza. Sen ningunha esperanza de recuperación, de melloría, de que as cousas cambien. Todo o contrario, coa visión de que o futuro será aínda peor. Non é, pois, estraño que se conciba a morte como única saída e que o risco de suicidio sexa altísimo nestes casos. Pero a depresión ten tratamento, relativamente doado e moi efectivo na maior parte dos casos. E o Trastorno Bipolar ten tratamento e é posíbel chegar á estabilización total coa desaparición das descompensacións maníacas ou depresivas.

Todo isto aparece en A antesala luminosa, que nos dá unha visión integral da enfermidade, dende os puntos de vista de diversos personaxes da novela, unha visión humana, persoal, sen recorrer, como dicía antes, á xerga dos profesionais. A min, que son psiquiatra vello e estou canso de ler e reler artigos e monografías sobre o Trastorno Bipolar con contidos repetitivos, a visión de A antesala luminosa pareceume exactamente iso, luminosa.

Pero a novela de Antonio Tizón non é só, como xa dixen, a historia dunha persoa que sofre trastornos psíquicos senón doutras persoas, doutros acontecementos. Porque reflicte unha época, unha xeración, unhas cidades recoñecíbeis. É unha novela con moitos significados, profunda e, ademais, moi divertida. Hai que lela.

 

 

La Voz De Galicia

6/02/2015 FUGAS

Ramón Nicolás

NOVELA AMBICIOSA

ESTRÉASE COMO NARRADOR EN GALEGO ANTONIO TIZÓN E FAINO CUNHA NOVELA, ACAROADA EN PARTE AO XÉNERO NEGRO, ONDE A CIDADE DA CORUÑA SE ERIXE COMO ALGO MÁIS CA UN PANO DE FONDO.

En ocasións cómpre dispor, alén do talento, de certas doses de ambición para construír unha novela, aínda máis se se trata da primeira. Estes camiños tripou Antonio Tizón nesta proposta, abeirada substancialmente ao xénero negro —aínda que non só— para o que conta co protagonismo dun particular inspector Sánchez, que debe resolver a identidade de senllos cadáveres calcinados que se atopan na praia coruñesa do Matadoiro, en pleno San Xoán do ano 2000. A novela, folga dicilo, converte dalgún xeito a cidade da Coruña e os seus espazos nun elemento fulcral do argumento, descritos con vontade realista e plasticidade.

A antesala luminosa, con todo, non é tan só unha novela de xénero ou, séndoo, persegue incorporar outros elementos que contribúen a ensanchar os seus horizontes. Un deles, polo que sen dúbida se singulariza, derívase de unir con habelencia outro plano narrativo conformado por unha «media novela», escrita por un personaxe que ten que ver co caso a resolver e que, dalgún xeito, apela á memoria e ao vivido, sistematizándose aí unha suxestiva revisión sobre un abano de asuntos que van desde a loucura —esa «antesala luminosa», ese «primeiro contacto práctico coa morte» que, dalgún xeito, vertebra boa parte da entrega—, pasando pola ética profesional —moi vinculada coa práctica do xornalismo— ata evidenciar a existencia de prácticas corruptas, por sócitar algúns deles.

Doce días ocupa a resolución do caso e un prazo de vinte anos, encadrados polo miúdo desde un punto de vista histórico, é o período que media na outra historia. Ambas as dúas partes adoptan, asemade, diversos rexistros expresivos e constrúen un todo que, sen dúbida, cómpre saudar positivamente.

 

 

Faro da Cultura

12/03/2015

Montse Pena Presas

FUSIÓN DE SUBXÉNEROS

Xa noutras ocasións, nestas mesmas páxinas, falei de novela negra, partindo de obras asinadas polo pioneiro Carlos Reigosa, o exitoso Domingo Villar, o retranqueiro Bieito Iglesias ou o renovador Diego Ameixeiras. Semella que entre nós este subxénero (igual que ocorre noutras literatiras), non deixa de incorporar novas propostas e mesmo novas voces (se se manexan minimamente as súas claves, adoita seducir aos creadores, quizais pola boa acollida que ten por parte do lectorado). Estas novas voces, no caso do sistema literario galego, son case que todas masculinas. Agardamos que, próximamente, poidamos tamén celebrar achegas pola banda das autoras nun subxénero en que contar con mulleres protagonistas resulta aínda una novidade —neste sentido, a inspectora Amaia Salazar, personaxe principal da triloxía do Batzán de Dolores Redondo, é un refacho de aire fresco que ben se agradece. No entanto, imos recibindo textos como A antesala luminosa do xornalista Antonio Tizón, autor ata o momento inédito en lingua galega, que se estrea neste ronsel cunha obra pretendidamente anovadora na súa concepción.

Remarco esa estela negra, porque A antesala luminosa non é una novela do subxénero ao uso. Aínda que comeza como moitas das grandes, cun asesinato —neste caso duplo—, inda que conta cun inspector ao uso—prototipo desta clase de sabuxos: coñecedor de todos os recunchos da cidade, con contactos nos lugares máis sorprendentes, cunha marcada tendencia á soidade, con intuición de seu para cinguir fíos soltos do caso…—, inda que existen varios desaparecidos que se poden vencellar doada e rápidamente, o texto ten un marcado contrapunto. Namentres coñecemos o desenvolvemento da investigación e seguimos ao inspector Sánchez tras as pegadas de Gustavo Gallego e Fontana (os dous amigos supostamente asesinados), lemos tamén a novela que acompaña ao policía e que precisamente foi escrita por Gustavo Gallego. Este segundo texto intercálase co primeiro creando un contraste sorprendente, que se por una banda pode semellar atractivo (xustamente para fuxir do negro), pola outra rompe, nalgunhas ocasións, o ritmo do primeiro relato ao trasladarnos a una tematoloxía ben diferente. De feito, esoutra obra —de alentó autobiográfico— comeza por levarnos ao intransixente Madrid de finais dos anos 70 (caracterizado dun xeito un tanto prototípico), canda un Gustavo Gallego novísimo comezaba a carreira de xornalismo e se principiaba na vida. Zarrapicado este texto con algún tópicos da novela de iniciación (o contacto con xentes doutros lugares, as primeiras experiencias amorosas e sexuais e tamén as primeiras decepcións), a cuestión da loucura agroma nel como temática menos esperable e interesante. Ademais, esta serve de bisagra para remitir de novo á historia principal.

Aínda valorando globalmente a proposta de Tizón en positivo, pola súa ousadía á hora de ir alén nun texto negro fusionando motivos e temáticas, coidamos que nela hai aspectos mellorables. Nomeadamente una lingua demasiado usual e práctica, que fai que o pracer de ler, en ocasións, fique limitado porque non deixan de pasar cousas e, en consecuencia, o espazo para a literatura queda un tanto encollido. Quizais fosen algún feitos miúdos prescindibles e se precisase de algo máis de pouso para asimilar. Pese a isto, A antesala luminosa é una proposta atractiva e diferente que nos di que o negro, ao final, reinvéntase sempre.

 

 

El Correo Gallego

24/03/2015

Fran P. Lorenzo

ANTONIO TIZÓN: “ESPINME POR COMPLETO NESTA NOVELA”

‘A ANTESALA LUMINOSA’, A PRIMEIRA ACHEGA LITERARIA DO XORNALISTA CORUÑÉS, ABORDA O XÉNERO NEGRO DESDE A BEIRA INCERTA DA LOUCURA.

O xornalista Antonio Tizón (A Coruña, 1960) acode ás

palabras de Pío Baroja para trazar os límites da súa primeira incursión literaria, a novela A antesala luminosa (Xerais, 2015). “Todo o que non é autobiografía é plaxio”, lembra Tizón, que recoñece que tivo “pouco pudor, espinme por completo” nesta novela que cualifica de “mulata”, na que tamén hai un decidido influxo da gastronomía, unha homenaxe ao inspector Carvalho de Vázquez Montalbán. É, asegura Tizón, “unha mestura de novela ao máis puro estilo negro, cun investigador, uns mortos, por unha parte, e unha novela de formación, por outra, diferente porque o seu tema fundamental é a loucura”, esa antesala luminosa á que se refire o título e que para Tizón é “a perda de memoria, o esquecemento do pasado, unha vida sen presente nin futuro e tamén un estado de soidade absoluta, unha verdadeira baixada aos infernos”.

Unha cara e outra da novela entrelázanse en capítulos alternos até o desenlace final. “O inspector Sánchez avanza no caso e vai lendo a medio novela de Gustavo Gallego. Encoméndaselle a misión de buscalo, atopalo e traelo de volta coa súa familia mentres trata de descubrir o misterio duns cantos crimes que se interpoñen no seu camiño”.

Un rasgo principal perfila o carácter de Gustavo Gallego e desa escrita que atrapa o entregado lector que é o inspector Sánchez: o trastorno bipolar. “Eu tiven o estigma social de enfermidade mental –confesa Tizón– pero xa non me importa confesalo”. De feito, hai moito de Tizón en Gallego e en Gallego de Tizón, un diálogo que se fai sorprendente na desinhibición do relato, un dos principais rasgos do trastorno bipolar e tamén desta novela de dobre fío. “A bipolaridade ten unha fase depresiva e outra fase maníaca, eufórica. Un psiquiatra comentoume que esa fase maníaca está moi ben descrita aquí. Cando iso ocorre perdes a sensación de medo, de pudor e de ridículo e iso pode ser moi perigoso e problemático”, sinala o autor, quen aclara que A antesala luminosa “é unha novela, non un manual de autoaxuda”. A bipolaridade, di, “é unha doenza fácil de tratar pero ocorre que moitas veces, precisamente por esa sensación de euforia, o enfermo abandona rapidamente o tratamento”.

“DESMESURA” A escrita é sempre terapéutica. Tamén o foi para Tizón quen recoñece que a súa narrativa foi atravesada “por ese estado impúdico que trae consigo a propia enfermidade”. Unha “desmesura verbal” que “ten que ver moito coa desmesura sexual” que está presente no libro, no ronsel de visitas a prostíbulos e encontros sexuais, abordados, di o autor, desde a crítica á prostitución pero tamén desde a consideración da súa “función social” para un personaxe como Gustavo Gallego.

A antesala luminosa presentarase este mércores 25 de marzo ás 20.00 horas na libraría Couceiro de Santiago. Acompañarán o autor Ramón Rodríguez, Aser Álvarez, Lucía Pérez Ramírez e Manuel Bragado.

 

 

El Progreso

18/09/2015

Jaureguizar

«ESCRIBÍN SOBRE A BIPOLARIDADE, PERO FOI MÁIS RARO DAR CLASES DE BIÓNICA»

ANTONIO TIZÓN PRESENTOU EN LUGO A SÚA PRIMEIRA NOVELA, ‘A ANTESALA LUMINOSA’

O escritor Antonio Tizón reitera que a súa primeira novela, ‘A antesala luminosa’, ten como fundamento e como guía o transtorno bipolar que padece, pero, cando se lle pregunta por cuestións menos dramáticas, confesa que o máis sorprendente que fixo «foi dar clases de Deseño Ergonómico e Biónica». Tizón, nacido en A Coruña, é periodista de formación. «Empecei a dar Teoría da Comunicación en escolas de arte e deseño, e acabei dando quince materias das que non tiña nin idea, como márketing», lembra con resignación.

Agora xa retirado, rememora o seu tempo docente en Santiago e Ourense con unha amargura aliviada de humor pola angustia que lle supoñía ter que preparar as clases.

Esas experiencias, xunto con outras relacionadas con agudos altos e profundos baixos do seu estado de ánimo, eran a materia dunha novela que contaba vinte anos do seu alter ego Gustavo Gallego, «dende 1978 e o 2000».

As súas experiencias teñen como escenario «o Madrid da Transición, o 23-F, o golpismo ou os elementos da dereita que che obrigaban a erguer o brazo e cantar o ‘Cara al sol’».

Esa obra non daba convencido a Tizón, polo que se desfixo dela non sen antes reservarse algúns capítulos que inseriu en ‘A antesala luminosa’ (Xerais), que foi o libro que presentou onte en Lugo en compañía do xornalista de Galiciaé, Ángel Vaqueiro, e do presidente de Alume en Lugo, Manuel Fernández Prado, na librería Trama de Lugo.

‘A antesala luminosa’ comeza cos dous cadáveres calcinados nunha praia da Coruña. Un deles podería ser o de Gustavo Galego. O inspector Sánchez descubre que Galego está vivo e inicia a súa busca. O investigador atopa unha novela do falso morto que vai lendo durante os doce días no que o busca.

Antonio Tizón escribe como baixando unha costa nunha bicicleta co cable dos freos cortados. «Hai unha escena na que o personaxe entra nun prostíbulo e convida a todas as rapazas a champán aínda que saben que non ten cartos nin fondos no banco», di.

Manuel Fernández Prado, que preside o colectivo de doenza mental Alume, explicou que a súa lectura reveloulle unha obra de notable «honestidade» e que achega «esperanza». Engade que «pode resultar útil para os que padecen a enfermidade e para os que observan eses fenómenos como rarezas ignorando que son unha enfermidade».

A percepción que ten Ángel Vaqueiro é que «a parte de novela negra é un envoltorio para a outra parte, que é autobiográfica, moito máis sentida e dura».

Tizón xa ten entregada unha segunda parte en Xerais co título de ‘Os incurábeis’ e anuncia outras dúas. Este novo caso que debe investigar o inspector Sánchez «transcorre entre 2001 e 2004,co 11-S como desencadeante da trama na Coruña».

 

 

Faro de Vigo

de Vigo

26/06/2016

Susana Regueira

“TODO LO QUE SE CUENTA EN LA NOVELA, POR IRREAL QUE PUEDA PARECER, ME HA SUCEDIDO”

EL ESCRITOR RECURRE AL GÉNERO NEGRO PARA NOVELAR SU PROPIA ENFERMEDAD MENTAL.

La librería Paz será escenario el próximo día 28 de la presentación de La antesala luminosa, el libro con el que Antonio Tizón inaugura una tetralogía centrada en el género negro, con la locura como intenso telón de fondo. La acción arranca precisamente el día de San Juan: El inspector Sánchez investiga la identidad de dos cadáveres que aparecen en las inmediaciones de una playa. Sospecha que uno de ellos puede ser Gustavo Gallego, un primo del comisario, que encomienda al inspector la misión de encontrar a su familiar desaparecido…

—¿Qué es “La antesala luminosa”?

—Es la primera novela de una tetralogía que aborda desde distintas visiones el tema central de la locura, más que locura diría que es más adecuado enfermedad mental, para quitarle algunas connotaciones. Esta primera novela es una visión real, realista, de la enfermedad mental, mientras que la segunda, “Los incurables”, que se publicará el próximo año ya será abordada como un síntoma de una sociedad enfermiza, violenta, corrupta, la tercera es una especie de desmitificación de la locura… De esta primera estoy bastante satisfecho por las valoraciones de la crítica, que la ha considerado una propuesta atractiva y diferente, una reinvención del género negro, y destacan el carácter ambicioso, original, incluso experimental, porque no es normal tratar estos temas con este formato.

—¿Hasta qué punto es autobiográfica la novela?

—Totalmente, (sonríe) todo lo que se cuenta en la novela por irreal que pueda parecer me ha sucedido, es tal y como yo lo recuerdo aunque la memoria a veces falla, sobre todo en mi caso.

—¿Cómo ha sido la historia de su enfermedad mental? ¿Cuándo empezó?

Lo cuento todo en la novela, que primero no estaba pensada para ser una novela psicológica en la que el punto de partida era por qué a un joven de 21 años que eran los que yo tenía cuando estaba en Madrid estudiando Periodismo, alguien sin problemas aparentes y que iba bien en los estudios de repente, como me sucedió, tuve una crisis psicótica terrible y acabé internado en un psiquiátrico. Mi pregunta era por qué puedes volverte loco de repente, si eran causas sociales, en plena Transición, con mucha violencia, atentados a diario, la extrema derecha campando a sus anchas, si eran causas personales, traumas infantiles, era una especie de indagación, una especie de road movie contando la historia de Gustavo Gallego, el protagonista, intentando averiguar el por qué de la locura.

—¿Por qué decidió cambiar el planteamiento?

—Fue cuando me di cuenta de que las causas de las enfermedades mentales graves, como la esquizofrenia o el trastorno bipolar, que es mi caso, no son ambientales sino fundamentalmente genéticas. Así que dejé de tener  esa perspectiva y se me ocurrió hacerla en formato de género negro, quería retratar una sociedad donde la corrupción o la impunidad, típicas del género, están muy presentes y me pareció también una forma entretenida de abordar temas escabrosos como el de la locura.

—¿Por qué califica la novela de mulata?

—Se me ocurrió porque la novela negra actual no es clásica sino muy renovada, diferente, pero esta incluye dos novelas en una, una puramente negra y otra no tiene nada que ver, es la parte de Gustavo Gallego, donde cuenta su historia. El problema era ensamblarlas sin romper el ritmo narrativo y creo que lo conseguí. Como el tema era la bipolaridad quise hacer una estructura bipolar que se correspondiera con el tema, el número 2 articula toda la trama, dos narradores, dos historias, dos Gustavos, incluso los cadáveres aparecen de dos en dos. Esta mezcla me llevó a llamarla mulata, no porque no sea una novela negra pura, que por otra parte hoy en día prácticamente no hay.

—Critica que la locura en general está muy rodeada de tópicos, uno el romanticismo

—Si, además del estigma asociado a la enfermedad mental, que pervive aunque menos que en mis tiempos, cuando tuve el brote psicótico fue en 1982 y casi no había unidades de salud mental, pero el estigma sigue. He hecho muchas presentaciones y me he dado cuenta de eso y también de los prejuicios, como que son personas violentas etc, y además hay esa visión romántica asociada, que la locura es creativa, maravillosa, y no, no tiene nada de maravilloso ni de creativo, hay que desmitificarla, cuando estás en mi caso en la fase depresiva ni creas ni haces nada, estás totalmente inutilizado para el trabajo y para la vida normal. Sobre todo en la tercera novela voy a hacer una crítica de esa dimensión bohemia y romántica de la locura, que choca al final con la realidad, esta sociedad corrupta y violenta, quiero desmitificar esa visión.

—¿No le han planteado el debate sobre la antipsiquiatría?

—Si, en las presentaciones han surgido esos temas de la antipsiquiatría y esas corrientes, incluso hay autores que dicen que la bipolaridad no es una enfermedad sino una forma de ser (sonríe), es increíble decir estas cosas, incluso te desaconsejan la medicación cuando trastornos graves como el mío, la esquizofrenia o la depresión endógena necesitan una base farmacológica, otra cosa es que se complemente con terapias psicológicas, ambientales, ocupacionales.

—¿Cómo es su tratamiento?

—Tengo que tomar de por vida un regulador del estado de ánimo, básicamente la medicación es el litio, que es la más eficaz. En el trastorno bipolar en la fase maníaca haces barbaridades y en la depresiva puedes estar meses enteros sin decir una palabra, pasas meses sin hablar, en total mutismo, no tiene nada de romántico o de creativo sino que es una enfermedad que exige eso, tratamiento.

—Los pacientes no suelen estar muy concienciados de la necesidad de esa medicación de por vida

—Si, no se es consciente de que es una enfermedad crónica, que hay que tomar una medicación de por vida y en la etapa que estás bien la dejan de tomar, cuando estás entrando en esa fase que te sientes fabuloso, mejor que nadie, que crees que estás más lúcido lo primero que se te ocurre es dejar la medicación. Y a eso se suma mucho mito de que la medicación tiene muchos efectos secundarios, y depende, cada vez los medicamentos son más eficaces y con menos efectos secundarios, en mi caso no noto ninguno, es bastante llevadero. En otra enfermedad crónica nadie se plantea, y menos el enfermo, que puede dejar la medicación, pues aquí si, es uno de los mensajes que quiero transmitir.

—¿Por qué insiste en que los primeros que deben concienciar sobre la enfermedad son los propios pacientes?

—Si se puede decir así porque esto es una novela y no un libro de autoayuda o algo así, uno de los principales mensajes de esta tetralogía es ese que pregunta, la necesidad de la normalización, integración y concienciación sobre la enfermedad mental, que ha de pasar por ahí, por aceptar el tratamiento por parte del propio enfermo, porque estamos hablando de enfermedades mentales graves.

 

 

Brétemas

24/05/2017

Manuel Bragado

«UN HOME ESTRAÑO», DE ANTONIO TIZÓN, PREMIO CIDADE CENTENARIA

Asistimos onte a entrega do Premio de novela curta Cidade Centenaria de Riveira outorgado nesta sexta edición a Antonio Tizón por Un home estraño. Un momento importante para o certame ribeirense de noveliña, plenamente consolidado despois dunha década, e para o escritor coruñés que se dera a coñecer hai apenas

dous anos con A antesala luminosa. Nesta segunda obra, Tizón volve arriscar co seu xeito de entender a novela policial, que el denomina mulata, na que mestura as convencións do xénero negro coa novela de indagación social. Localizada na cidade da Coruña en 1980, cando gobernaba o concello Domingos Merino,o inspector Xosé Sánchez Pereiro, que xa aparecía na primeira entrega de Tizón, e a xornalista Ledicia Muruzábal, relatan de forma alternativa a investigación na que participan coa intención de desvelar o crime de Manuel Ferro Filgueira, arquitecto do concello.

Antonio Tizón, na súa intervención de aceptación do premio, confesou que esta fora a primeira obra que escribira na súa vida, remontándose a primeira versión a 1977. “Levo corenta anos reescribíndoa. Naceu da visión dun home estraño que atopei entón nos xardíns dos Cantóns. A novela evolucionou nas diversas versións até mudar de xénero, pasando da novela rosa á social, para acabar no xénero negro tal como o eu o entendo”. “Con todo o único que se mantivo intacto en todas as versións foron apenas quince liñas, que na última versión pertencen ao capítulo IV, onde se describe o home estraño: “en pleno verán, ía cun chaquetón de inverno, un pantalón de pana descolorida, unhas botas de pel gastada e unha guitarra enfundada ao ombro”, “con todo, o que máis salientaba daquela estraña figura era o seu rostro, un rostro aínda novo que sorría entre unha barba poboada de seriedade”, “ao ver a súa boca riseira, parecía que se mofaba un pouco de todo”, (…) “o brillo que desprendían os seus ollos grandes iluminaba o rostro dunha paz profunda”. “Un home estraño que acabará por obsesionar á xornalista Ledicia Muruzábal, que non parará ate descubrir todos os segredos da súa identidade. Porque á xornalista parécelle máis incomprensible a visión daquel rostro contraditorio que toda a panorámica da Galicia preautonómica de comezos dos oitenta, o marco histórico no que se desenvolve a novela, que pretende contribuír ao coñecemento dunha época, unha sociedade aínda lúgubre e corrupta, onde campaba aínda a impunidade, pero tamén inxenua e ilusionada”.

Rematou a súa intervención Tizón dedicándolle o libro a Ledicia Costas, “unha autora que tivo a valentía de escribir Un animal chamado Néboa“, a José Luis Muruzabal, “que fixo un labor encomiable na Asociaicón Enfermos con doeza mental da Coruña” e a José Barallobre, “que me contou todo sobre a policía”. Tamén agradeceu o apoio de Mari Quinteiro, “portadista e lectora de todos os meus libros”, e a Alba Tizón Quinteiro, “que correxiu o texto”.

 

 

La Voz de Barbanza

02/06/2017

  1. Novo / M. X. Blanco

«‘UN HOME ESTRAÑO’ É UN LIBRO DEDICADO

Á XENTE QUE NACEU A PARTIR DOS ANOS 80»

A NOVELA QUE GAÑOU O CERTAME DE RIBEIRA ESTÁ AMBIENTADA NO PERÍODO DA TRANSICIÓN

Hai uns días fallábase en Ribeira a sexta edición do Concurso Internacional de Novela Curta, resultando gañadora Un home estraño, obra asinada polo escritor coruñés Antonio Tizón. O libro verá a luz o ano que vén,da man da editorial Xerais, pero o autor púxose diante dos micrófonos de Radio Voz para espertar o interese dos lectores avanzando algúns detalles da historia.

—Primeira vez que se presenta a un certame literario e consegue diana. ¿Que o levou a concorrer?

—Presenteime porque tiña unha novela que non sabía moi ben onde metela dentro da miña obra. Estou preparando unha serie de xénero negro e este libro saíase desa temática. Con anterioridade concorrera a algún certame de poesía, ata que me dei conta de que os meus poemas non encaixaban no estilo actual. Fago unha poesía tradicional con sonetos e romances.

—E, entre a narrativa e a poesía, ¿con que xénero se sinte máis cómodo?

—Son diferentes, pero atópome cómodo en tódolos estilos. De feito, agora estou embarcado en dous proxectos poéticos, nun libro de relatos que levo reescribindo moito tempo e en dúas novelas, que forman parte desa tetraloxía. Todo á vez. Son distintas formas de escribir. Quizais a que me emocione máis sexa a poesía. Entendo a técnica da creación literaria como un proceso estabilizador, pero tamén desestabilizador, e quizais o que máis me desestabiliza é a poesía, porque necesita as palabras xustas.

—¿Cal é o punto de partida de Un home estraño?

—Hai dous puntos de partida. Con 14 ou 15 anos, cando paseando polos Cantóns da Coruña, vin un tipo moi raro, unha especie de vagabundo. Tiña unha cara que, ao mesmo tempo que sorría, parece que se estaba mofando da xente. Foi a súa expresión seria e profunda a que me chamou a atención. Despois en Madrid, a onde fun a estudar Xornalismo, tamén me atopei un cantautor que actuaba no metro. Tiña unha voz extraordinaria e impresionoume moito. A xénese da novela parte desas dúas imaxes.

—¿A onde e a cando traslada aos lectores esta novela?

—Pois xustamente á Galicia de 1980. Toda a novela transcorre na Coruña dese ano, entre o 2 de xullo e o 29 de agosto. Estamos en plena transición. Elixín esa data porque tiña moi documentado ese ano, que foi moi importante. A novela está chea de personaxes reais e imaxinarios. Hai, por exemplo, un capítulo coa ofrenda ao Apóstolo, que a fixo o capitán da zona marítima do Cantábrico e o discurso realizado en nome do rei era crítico contra todo, contra a pornografía, contra o divorcio... Un home estraño é un libro dedicado á xente que naceu a partir dos ano 80, que non ten memoria histórica do que supuxo esa data. Foi o ano de máis atentados. Esa etapa convulsa é a que aparece na novela. Na miña obra anterior, aparecía en Madrid e nesta, en Galicia.

—¿Como foi o proceso de documentación?

—Unha das fontes principias foi a prensa. La Voz de Galicia serviume de moita axuda nese sentido. Tamén invento unha entrevista co que entón era o alcalde da Coruña e con Avelino Pousa Antelo, presidente do Partido Galeguista. Aparece a voz de Manuel Fraga, que naquel intre era o líder da oposición. Mestúranse personaxes reais con outros ficticios, algo moi propio da miña literatura.

—¿Como se estrutura a novela?

—É similar á primeira que publiquei desta serie, cunha estrutura bipolar. Hai dous narradores, por un lado un inspector e, por outro, unha xornalista que traballa para o diario de maior tirada de Galicia, que se supón que é La Voz de Galicia, e procuro facer un estilo narrativo distinto. Os capítulos pares, nos que a narradora é a xornalista, cóidoos máis para que sexan máis literarios. Nos impares, a linguaxe é máis directa, menos elaborada. Dous estilos que ao longo da trama se van complementando e acaban case fusionados.

—¿Colleuno por sorpresa o premio de Novela Curta do Concello de Ribeira?

—Colleume con moita ledicia, tanto para min como para a editorial que apostou por min asumindo un gran risco cando me publicou a primeira novela, A antesala luminosa, unha obra arriscada, con estrutura de dous narradores difícil de seguir.

—¿Custa que as editoriais se fixen nun escritor?

—Si. Eu tiven sorte, porque o lector de Galaxia que me tocou dicía que non lle gustaba a novela negra e gustoulle esta porque era máis ben mulata. Polo que vexo, está moi complicado publicar, e máis agora, pois cada ano as editoras sacan ao mercado unha cantidade menor de obras.

 

 

La Opinión

06/05/2018

Alicia Pardo

“A XENTE TEN MOITOS PREXUÍZOS SOBRE A ENFERMIDADE MENTAL.EU BUSCO NORMALIZALA”

“ISO DE QUE A TRANSICIÓN FOI UNHA ETAPA PACÍFICA É MENTIRA, A XENTE NON ESTÁ ENTERADA. FOI UNHA ETAPA VIOLENTA E PERIGOSA, QUE MILAGROSAMENTE ACABOU BEN”

Nos convulsos anos 80 sitúa Antonio Tizón o primeiro caso de Xosé Sánchez. O policía, protagonista da súa saga de novela negra, retrata en Un home estraño os seus primeiros pasos coma comisario, enfrontándose ao misterioso asasinato dun arquitecto municipal. A xeito de precuela da súa anterior obra, A antesala luminosa, o coruñés perfila o período da Transición xunto aos mitos da enfermidade mental, nun libro que presentará este xoves na ONCE ás 20.00 horas coa actuación de Miro Casabella.

–40 anos escribindo esta novela, e por fin sae á luz. Custou dala por rematada.

–Si. Empecei a escribila cando tiña 14 ou 15 anos, e vin polos Cantóns a un home moi estraño. O que me chamou a atención del foi sobre todo a cara. Tiña unha cara rara, sorrinte, que parecía que se mofaba un pouco de todo, e ao mesmo tempo unha mirada profunda que sorprendía. A ese home volvín velo anos despois. Aparecía sempre no verán, con esa expresión sorrinte. Agás unha vez, na que o vin deprimido. Esa foi a primeira imaxe que desencadeou o proceso de escribir a novela. Outra foi un guitarrista que cantaba nas rúas entre Sol e Callao, e que descubrín no 78 cando fun a estudar a Madrid.

–Como evolucionou a obra desde entón?

–De todas as versión, o home estraño é o único que se mantén. A primeira era unha visión inxenua dun rapaz de 15 anos que soña con marcharse co vagabundo e facerlle cancións para que as cante. Na segunda aparece unha xornalista, Ledicia Muruzábal, e meto unha historia de amor. Pasou por moitas máis, e ao final se quedou en novela curta.

–Cun apéndice ben curioso, un cancioneiro.

–O cancioneiro ten o seu sentido porque, nas versións que facía da novela, cada capítulo tiña unha canción pensada para ser cantados por esta personaxe. Este apéndice o que fai é profundar na personalidade do cantautor, que non queda moi clara na novela. Todas as cancións que aparecen son unha visión do século XX a través do progreso, do atraso e da utopía, e mostran a evolución da personaxe. Parte dun home sereno, e acaba desesperado.

–Un home estraño é tamén unha precuela. Chamáballe traballar os inicios do policía Xosé Sánchez?

–Quería explicar por que o policía se converteu nese corrupto que aparece en A antesala luminosa. Pero en realidade, esta novela non estaba pensada para publicarse agora. Pensaba publicar a segunda novela da serie, pero quedou aprazada para o ano. En total son cinco libros, cunha visión autobiográfica da enfermidade mental.

–Nesta vincúlase coa xenialidade.

–Quería desmitificar esa visión romántica da loucura. Hai quen pensa que é creativa e marabillosa, pero iso son barbaridades. Eu padezo trastorno bipolar, e hai unha fase desta enfermidade na que é verdade que estás máis produtivo do normal, pero acabas na depresión e podes estar anos incapacitado.

–Hai moito descoñecemento en torno a enfermidade mental?

–A xente ten moitos prexuízos. Para algúns, os enfermos mentais son diminuídos, para outros son violentos, e despois hai esa versión romántica. O que eu busco é normalizala, tendo sempre en conta que as enfermidades hai que diagnosticalas e tratalas ben. Non vale coa terapia só. Hai que medicarse, pero a xente abandona a medicación cando ve que está ben.

–Habería moita máis incomprensión na súa época, cando lle diagnosticaron.

–Había un estigma terrible. Isto é xenético, e o meu pai tiña a enfermidade, aínda que non estaba diagnosticado.Miña avoa igual,e a miña bisavoa tamén. No ano 82, o que facía a miña familia era ocultar a enfermidade. Cando eu tiven a primeira crise psicótica tiña 22 anos, e tiven a mala sorte de caer nas mans dun psiquiatra incompetente e deshonesto, que confundiu o diagnóstico cunha esquizofrenia, e deume un tratamento errado. No trastorno bipolar, a medicación máis eficaz é o litio. Serve para regular o estado de ánimo, porque cando estás na fase maníaca é perigosísimo. Creste o rei do universo. Eu tiven un accidente na autoestrada, porque metín o coche a 180.

–A intencionalidade social da obra vai máis aló da enfermidade mental. Sitúase nos 80, unha época de moito movemento.

–Foron anos nos que vivimos perigosamente, co golpismo, o nacionalismo e o terrorismo. E a xente non está enterada.Eu a Transición a vivín en Madrid, e iso da etapa pacífica é mentira. Foi unha etapa violenta, perigosa, que milagrosamente acabou ben. Daquela campaba as súas anchas a extrema dereita. No 80, ETA bateu o récord histórico de atentados, cun morto cada 60 días, e os militares ameazaban continuamente cun golpe de Estado. Pero os políticos daquela viñan dunha Guerra Civil, non eran tan incompetentes como os de agora, e chegaron a acordos como o da Constitución.

–O ano 80 foi tamén o ano no que se negociou definitivamente o Estatuto de Autonomía de Galicia. Cree que se cumpriron as ilusións que había nese período preautonómico?

–Esa época ilusiónante partiu dunha inxenuidade que se ve na novela. Ao principio ían facer unha especia de autonomías históricas, Galicia, País Vasco e Cataluña, que tiveran unhas competencias específicas, pero o ministro Clavero Arévalo sacou da manga iso de café para todos e ao final todas as autonomías tiveron as mesmas competencias, o que foi un erro gravísimo. Daquela había moitas manifestacións pola independencia, pero a sociedade acabou desencantada.

 

 

Faro da Cultura

14/06/2018

Pilar Ponte

CORRUPCIÓN NOS 80

ARREDOR DUNHA «NOVELA MULATA»

Malia a conxuntura económica, os concellos seguen a formar unha parte importante dos certames literarios galegos, neste caso é o consistorio barbanzán de Ribeira o que concede o VI Premio de Novela Curta ‘’Cidade Centenaria de Riveira’’, unha obra escrita polo coruñés Antonio Tizón titulada Un home estraño. O xornalista e profesor de Aranga publicara con anterioridade un libro de relatos, In media res; un poemario, Ritmos, e unha novela, A antesala luminosa, editada tamén por Xerais en 2014.

A adscrición do texto a un ou outro xénero semella un tanto ambigua, de feito, ata o propio escritor fala dela como unha “novela mulata” en tanto que nela se produce unha mestura entre as convencións do xénero negro e as do xénero de indagación social en canto responde á vontade do autor de lles ensinar ás xeracións máis novas como era a Galicia anterior ao goberno autonómico e asemade a normalizar a visión da doenza mental como algo que debe ser diagnosticado e tratado lonxe de visións románticas.

A acción da obra desenvólvese na cidade da Coruña, no ano 1980, nos días de verán entre o 2 de xullo e o 29 de agosto. Atravesamos a novela nun tempo de transición en que a sociedade está marcada polo escurantismo que aínda pasea polas rúas da ditadura franquista e mais tamén por unha corrupción que case corenta anos despois pode sorprender aquelas lectoras e lectores que non vivimos como adultos esa etapa. Mais tamén é un ano ilusionante no que Xosé Luís Muruzábal creou na Coruña a primeira asociación de enfermos mentais de Galicia, se comezou a falar de trastorno bipolar e tamén se negociou o Estatuto de Autonomía de Galicia.

Aínda que moitas das personaxes son ficticias, Tizón non deixa tampouco de retratar personaxes que xa hoxe pertencen á historia da cidade herculinae de Galicia, como poden ser o alcalde Domingos Merino, o Secretario Xeral do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo ou Manuel Fraga que daquela viña de fracasar nas eleccións de 1979.

A obra arranca co inspector Xosé Sánchez Pereiro, que xa aparecía na primeira entrega de Tizón, enfrontándose ao primeiro caso importante da súa carreira, o crime de Manuel Ferro Filgueira, arquitecto do Concello. Mentres, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a piques de atropelar un home estraño que se lle cruza no medio da calzada e que esperta a súa curiosidade. A partir de aí a progresión narrativa vai recaer nestas dúas personaxes ficticias mediante unha estrutura alterna de dous narradores que contribúe a alixeirar o ritmo narrativo.

Temos un primeiro narrador, o inspector, presente nos capítulos impares, indicados por datas cronolóxica concretas, cunha linguaxe máis directa e menos elaborada e unha segunda narradora máis literaria, a xornalista, nos capítulos pares con título sen indicación cronolóxica.

Trátase dunha novela curta mais conta cun Apéndice pouco máis longo que a propia historia, con máis de setenta páxinas. Entendemos que se trata dun cancioneiro do cantautor protagonista, David, editado pola xornalista e que serve para achegarnos máis ao coñecemento da personalidade dese home estraño e ao mesmo tempo amosar elementos básicos da canción protesta daquela altura como a paz, o consumismo, o progreso, as desigualdades...

Tardou Antonio Tizón en publicar a súa narrativa longa mais agora está nun momento creativo moi produtivo de forma que podemos adiantar que xa está a traballar en dúas novelas que formarían parte dunha tetraloxía de xénero negro xa comezada coa súa primeira novela. Agardamos as novas entregas do autor de Aranga.

 

 

Diario de Arousa

24/06/2018

Armando Requeixo

LITERATURA MULATA

Antonio Tizón ten afirmado en máis dunha ocasión que o seu non é a novela negra, senón a literatura mulata. E non lle falta razón, pois se un repasa títulos como A antesala luminosa (2015) decátase rápidamente de que, a carón das claves propias do noir, nesta literatura mestiza comparecen outra que vinculan a súa narrativa con escritas de moi diverso xorne.

Nesta mesma liña sitúase Un home estraño, a máis recente entrega novelística do escritor de Aranga, quen recupera para este relato o policía Xosé Sanchez Pereiro, protagonista tamén da súa anterior obra.

Un home estraño é a historia da pescuda dun crime, máis tamén a crónica dunha relación amorosa que acaba por confluir coa trama investigadora principal. O inspector Sánchez Pereiro é o encargado de desentrañar as razóns e os culpables do asesinato do arquitecto do concello da Coruña Manuel Ferro Figueira. No curso das súas procuras terá que se enfrontar ás presións mafiosas de altos empresarios e padecer as corrupcións máis salvaxes, das que tentará evadirse regándose en whisky ás mancheas e sexo prostibulario, como compre en todo canalla que queira responder verosímilmente ao arquetipo de tipo duro deste tipo de textos.

A acción transcorre, amais, nun tempo decisivo para a sociedade española: o ano 1980, en plena Transición, coa ETA causando máis mortos que nunca, os militares ameazando cun inminente golpe de Estado e os prolegómenos do noso Estatuto de Autonomía a cocinarse. É nese escenario no que se desenvolve a novela, que é a un tempo a aventura da resolución dunha intriga e un retrato epocal dun momento trascendente da Historia de España.

A estas fías argumentais amecéselles a historia de amor entre a xornalista Ledicia Muruzábal e una sorte de vagabundo bohemio que exerce sobre dela un poder hipnótico, como se se tratase dunha sorte de novo mesías.

Entre os dous polos —o da investigación policial e o da trama amorosa— bascula Un home estraño, que ten nos seus diálogos e nas páxinas dedicadas á descrición dos ambientes amorais dunha España corrupta algún dos seus mellores treitos.

Porque Tizón manexa os tempos narrativos con solvencia, sérvese dos anos de oficio na escrita para caracterizar personaxes e situaciónns e resulta de lectura amena na intriga que é quen de tecer arredor do desvelamento dos resortes ocultos do Poder. Isto, claro está, na primeira parte da obra, a que constitúe a novela propiamente, porque o libro engade un segundo bloque, moi amplo, que se presenta como un “Apéndice” e que recolle o labor poético dese engmático personaxe bohemio e vagabundo.

Se a historia principal resulta plausible e atractiva, a cauda lírica é máis opinable, pois ao retrato deste músico de rúa abóndalle co que del se sabe na primeira parte e a compilación das letras das súas cancións e os seus textos poéticos pouco achegan á súa caracterización, alén da discutible calidade estética de tales letras. Un home estraño confirma a Tizón como un asiduo cultivador da narrativa do social a través dos ollos dos sucesos criminais que sangran internamente as nosas ciudades, as nosas comunidades, o noso día a día. Por iso, ler estas páxinas é tamén un convite para reflexionar sobre a sociedade que entre todos costruímos, coas súas grandezas, si, mais tamén coas súas infindas miserias que fariamos ben en tentar corrixir.

 

 

Revista Vimbio

nº 3 - 12/2018

APEM / Asociación Pro Enfermos Mentales

“ESCRIBIR SÉRVEME COMO TERAPIA”

NESTE NÚMERO, USUARIOS E PROFESIONAIS DE DISTINTOS CENTROS DE APEM, ENTREVISTAMOS AO ESCRITOR ANTONIO TIZÓN, QUE VÉN DE PUBLICAR A SÚA PRIMEIRA NOVELA, ‘A ANTESALA LUMINOSA’, E QUE PADECE UN TRASTORNO BIPOLAR

—A súa vocación de escritor ten raíz na infancia ou foi unha vocación tardía?

—Creo que ten a orixe na miña avoa, que me lía e me cantaba poemas. Cando tiña 10 anos, escribía novelas de vaqueiros para divertir aos amigos. Ao redor dos 15 descubrín a Machado e foi entón cando tomei a literatura en serio. Aos 17 anos escribín ‘Ritmos’ e aos 18 outro autopoemario. Sempre quixen escribir novela, pero á parte de tempo, require unha madurez vital e existencial que só se consegue coa idade.

—A quen vai destinada ‘A antesala luminosa’ fundamentalmente?

—Vai dirixida ao público xeral, aos amantes da novela negra e, por suposto, ás persoas con enfermidade mental, en particular, aos que padecen trastorno bipolar. É unha descrición desde dentro da enfermidade mental con sinceridade e honestidade, non falo por oídas nin por ler libros, falo desde a experiencia.

—Disto xa falou, pero hai algo de autobiográfico nesta novela?

(Risas) —Hai unha parte de novela negra que é todo imaxinario, que é o envoltorio que me serve como pretexto para falar da outra parte, que conta a miña vida dende os 18 ata os 40 anos. Evidentemente hai partes imaxinarias, pero case se pode dicir que é literalmente autobiográfica.

—Buscou información sobre a enfermidade mental para escribir a novela ou simplemente coa experiencia?

—Lin moito por consello dos psiquiatras, sobre todo manuais que falaban do trastorno bipolar. Tamén lin moitos ensaios, pero á hora de escribir non me serviu practicamente de nada, o que me serviu foi a miña experiencia persoal e a miña imaxinación.

—Por que cualifican a súa novela como mestiza ou mulata?

—Cualifican non, cualifiqueina eu. O termo tivo bastante éxito e agora todo o mundo di que é unha novela mulata. Mulata porque mestura xéneros, narradores, mestura realidade, imaxinación e fantasía, e porque tamén na novela hai bastantes mulatas.

—Que tal lle está tratando a crítica?

Sorprendentemente moi ben, incluso o editor está sorprendido. O público tamén se está a portar ben, xa que as vendas non van nada mal. Estou bastante contento pola acollida recibida.

—Atopouse con moitos atrancos para publicar por primeira vez?

—Publicar é moi difícil. Eu mandei a novela á editorial sen moitas esperanzas. Hai lectores, que deciden se se publica ou non, e despois están os editores, os encargados de darlle a aprobación final. O lector que leu a novela confesaba no informe que non lle gustaba a novela negra, pero finalmente aconsellou a súa publicación.

—Se ten escritores de referencia, pode dicirnos cales son?

—Empecei en poesía con Machado. En galego teño como referencia os clásicos Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María. Descubrín a novela a través dos hispanoamericanos García Márquez e Cortázar e o español Pío Baroja, que me influíu bastante con ‘El árbol de la ciencia’.

—Traballou como xornalista e mestre. Cal das dúas profesión lle gustou máis?

—Traballei como xornalista no Ideal Gallego no 1988 e no 1989, onde cubría congresos, escribía artigos, relatos… Pagábase mal e traballabas demasiado, pero era a miña vocación. A profesión de mestre era por obriga, gustábame dar algunhas materias como ‘Teoría da comunicación’, pero a maior parte delas non.

—Como se sentiu ao deixar o xornalismo para dedicarse á escritura?

—Escribir, ademais de servirme como terapia, non me produce ningún estrés. Prefiro as presentacións de libros que a faceta de mestre. Gústame falar da literatura e da enfermidade mental, intercambiar impresións e historias convosco… O cambio foi a mellor, agora son moito máis feliz e estou máis estabilizado.

—Está de acordo con que a psiquiatría, aínda que necesaria, é unha especie de castigo fronte ao estraño, raro ou descoñecido?

—A enfermidade mental é unha enfermidade crónica que debe ser tratada por un psiquiatra e que pode complementarse con terapias psicolóxicas. É indispensable facerlle caso ao médico, levar unha terapia, unha vida sa, ordenada, sen estrés, pero non creo para nada nestas novas teorías psiquiátricas e na psicoanálise.

—Sentiu algunha vez o estigma que carrexa a enfermidade mental ou pensa que ao escribir afrontou o tema con valentía?

—Claro que o sentín, cando sufrín o primeiro brote psicótico eran os anos 80. Tiven a sorte de que a miña compañeira sentimental sempre estivo comigo, pero a miña familia non o entendía e querían ocultalo. Agora xa superei o estigma e os prexuízos, de feito, se non o tivese superado, non escribiría a novela. Non temos que presumir da enfermidade mental, pero tampouco temos que ocultarnos, hai que saír do armario con normalidade.

—A que idade lle diagnosticaron o trastorno bipolar e como influíu na súa vida?

—Tiña 21 anos, foi no ano 1982. Afectoume moitísimo, porque estaba facendo 4º de Xornalismo e pensei que nunca ía ser capaz de acabala, nin de traballar. Pero tamén me serviu para vivir experiencias novas, diferentes, e para entender cousas que doutra maneira non entendería.

—Sabemos que está escribindo outra obra, é unha novela?

—Si, é una tetraloxía sobre o mesmo protagonista, un inspector de policía que se chama Xosé Sánchez Pereiro, onde tamén aparece Gustavo Gallego, o meu álter ego na ‘Antesala Luminosa’. Gustaríame escribir outra novela sobre 100 anos de historia dende o punto de vista da miña avoa. Á parte diso, tamén escribo poesía para min mesmo.

—Producir a segunda novela está sendo máis complicado que a primeira?

—Máis fácil porque a fixen en moito menos tempo. A terceira tamén foi moi doada, pero a cuarta si que me vai resultar máis difícil, porque vou tocar temas que me afectan máis persoalmente.

—Atópase máis cómodo escribindo poesía ou narrativa?

—Síntome máis cómodo en poesía porque teño oído para ela. Para min a poesía é música, expresión popular e persoal, pero é moi difícil de publicar porque non resulta rendible.

—Se non chegara a enfermar, cre que chegaría a escribir algo?

—O da enfermidade non é positivo, porque cando estou maníaco ou depresivo, non son capaz de escribir. A loucura no ten nada de marabillosa nin é creativa. Se non tivera estas crises, escribiría máis e mellor.

—Tivo recaídas graves ao escribir agora?

—Hai bastante tempo que non teño recaídas, pero durante a miña traxectoria profesional e persoal tiven bastantes, tanto na fase maníaca como na fase depresiva. Podes ter unha recaída en calquera momento, xa que é unha enfermidade cíclica, iso si, se tomas a medicación como debes tomala, a enfermidade está controlada.

 

 

La Voz de Carballo

27/02/2019

  1. Rodríguez / M. López

«ALGÚNS FALAN DA BIPOLARIEDADE COMO UNA FORMA DE SER, MESMO UN DON»

DOLORES PLATAS E JUAN CARLOS DÍAZ ACTUARÁN MAÑÁ NA PRESENTACIÓN DO SEU NOVO LIBRO

O rostro enigmático dun vagabundo que adoitaba ver polos Cantóns coruñeses inspirou a nova novela do escritor e xornalista Antonio Tizón (A Coruña, 1960) Trátase da segunda entrega dunha pentaloxía enmarcada no xénero negro e protagonizada polo policía corrupto Xosé Sánchez. Contextualizadas en diferentes momentos da historia de España, en cada peza aborda aspectos relativos ás enfermedades mentais, un campo que Tizón coñece de preto, posto que padece un trastorno de bipolariedade. De feito, emprega a súa propia experiencia para ilustrar una realidade que, segundo di, está aínda chea de «estigmas», mitos e falsas concepcións.

A historia de Un home estraño, que presentará mañá na biblioteca Rego da Balsa, sucede nos tempos da transición, una etapa histórica que o xornalista non dubida en cualificar como «violenta e perigosa, que milagrosamente acabóu ben».

De todo isto falou onte Tizón en Radio Voz Bergantiños.

—Pouquiño tempo pasou entre «A antesala luminosa» e esta nova peza. Estaba xa no forno?

—É que esta novela leva no forno case corenta anos [ri], xa que comecei a escribila cando tiña 16 ou 17 anos. En realidade Un home estraño forma parte dunha serie de cinco novelas que teñen todas elas una serie de puntos en común, pois, ademáis de estar escritas en clave de xénero negro, abordan dende diferentes perspectivas o tema da enfermidade mental. Todas se enmarcan nun tempo histórico concreto —estas dúas, na Transición— pero todas teñen certas peculiariedades.

—Cales serían neste caso?

—Pois Un home estraño é una novela curta, e tamén una precuela, pois vai para atrás no tempo e explica os antecedentes do policía [protagonista] e o que o leva a converterse no corrupto e vicioso que é ao longo da serie. Ademáis ten un apéndice algo inaudito: un cancioneiro que creo que enriquece moito a novela, posto que axuda a perfilar á personaxe en cuestión.

—Isto de poner banda sonora aos libros comeza a ser popular.

—De feito, na presentación de mañá en Carballo cantará Dolores Platas, que foi vocalista do grupo Xocaloma, mítica banda de Galicia. É algo que procuro facer en todas as presentacións: contacto con algún cantautor da localidade para que me musique algún tema e, ademáis, me graven alguna desas cancións. Algo que lle comentei ao editor foi que, en caso de haber una segunda tirada do libro, se colocase un código QR para acceder a todas esas gravacións e poder darlle una banda sonora real á novela.

—A enfermidade mental, como dicía, é un eixe condutor desa serie de novelas proxectadas.

—Penso que aínda hai moitos prexuízos ao respecto. O tema da loucura sempre se prestou a concepcións románticas e hai xente que non a denomina enfermidade mental. De feito, lin libros nos que ao trastorno bipolar se lle chama una «forma de ser» ou mesmo un «don».

A primeira novela, A antesala luminisa, é una especie de visión autobiográfica da enfermidade mental. Todo o que aí se conta é a verdade; conto a miña experiencia no referido ao trastorno bipolar. Falo tanto das barbaridades que se fan na fase maníaca como da fase depresiva.

Na segunda, porén, trato de desmitificar a concepción romántica da loucura. Fálase de creatividade, de que é algo positivo, mesmo de que a enfermidade mental achega un valor engadido; pero a realidade é que é una doenza que non só te fai sufrir a ti, senón aos que te rodean. Por suposto todas elas son tratables, e hai tratamentos farmacolóxicos que ao mellor non as curan por completo, pero que si axudan a ilas levando.

—Qué temas aborda?

—Na terceira novela cuestiónome algo moi importante: que facer coas persoas que padecen enfermedades mentais. Na cuarta o que trato de abordar é esa confusión que se dá a miúdo entre o que é a doenza mental e a perversidade ou maldade. Hai xente que confunde estes dous temos. Fíxate: é moi frecuente cualificar de tolos a delincuentes, asesinos ou violadores. «están tolos!», di alguna xente. O que se consegue con isto é estigmatizar ás persoas que verdadeiramente padecen enfermedades. Na quinta e última peza da pentaloxía a bordo de que maneira afectan as fases económicas —de bonanza ou crise— á saúde mental das persoas.

ANTONIO TIZÓN (Aranga, A Coruña, 1960)

é periodista, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, e traballou durante máis de vinte anos como xornalista e profesor de diversas materias nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, ata que lle concederon unha incapacidade permanente debido ao trastorno bipolar que padece. Ten editados (1996) un libro de relatos, In medias res, e o poemario Ritmos. En 2015 iniciou con A antesala luminosa (Xerais) unha serie de novelas que serán publicadas nesa mesma editorial durante os próximos anos, cinco obras que teñen como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de falso xénero negro, pretenden abordar, dende distintas perspectivas, o tema central da enfermidade mental. Despois da edición da segunda entrega desta saga, Un home estraño (Xerais, marzo de 2018), Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”, entre a terceira e a cuarta entregas, Os incurábeis e Cal lobos doentes, respectivamente, está prevista a publicación de Dende o medio de San Epitafio, un libro de dezasete relatos que pode lerse como unha obra independente pero tamén como complemento de lectura das cinco novelas que conforman a serie Sánchez Pereiro, porque afonda nalgunha das súas tramas e personaxes. Tizón a miúdo escribe poesía, que acumula en volumes inéditos. Entre os xa rematados, nestes momentos está a preparar, con vistas á súa futura edición, ademais de Non hai espellos nos manicomios, os libros+CD Coplas analfabetas e A nena que manexa os ventos, e os cincuenta poemas (25 sonetos+25 romances) de Odiseas polo amor, a loucura e a morte.

Galería Críticas e Entrevistas

Galería Rodaxe

MENÚ