Primeiro Exilio: Venezuela (1948 - 1961)
En Venezuela Velo traballa como mestre en academias e colexios ademais de manter unha intensa actividade cultural e social entre os colectivos de emigrantes galegos, sendo nomeado presidente do Lar Galego de Caracas e participando como poñente no Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires, en 1956.
Coa caída do réxime de Pérez Jiménez en Venezuela animouse a actividade política dos exiliados, e Velo, a través de artigos, emisións radiofónicas e mítins, converteuse nun importante axitador da loita antifranquista no exterior. Entrou tamén en contacto coa resistencia portuguesa, liderada por Humberto Delgado (exiliado dende 1958 no Brasil), e foi o ideólogo, fundador e director xeral do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), organización de exiliados españois e portugueses creada en Caracas entre 1959 e 1960, que pretendía dar resposta ao Pacto Ibérico entre Franco e Salazar.
Error
- Detalles
- Categoría: 4 | Primeiro Exilio: Venezuela
LOVEVELO
-
LOVEVELO
-
EDICIÓN
Biografía
-
1 | Sintese Biográfica
-
2 | A República
-
3 | Guerra Civil e Posguerra
-
4 | Primeiro Exilio: Venezuela
-
5 | O "Santa María"
-
6 | Segundo Exilio: Brasil