608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Elías Valiña Sampedro naceu no ano 1929 en Sarria na parroquia de Lier. Con 12 anos entra a estudar no Seminario de Lugo onde remata os estudos en 1953. Para completar a formación estuda na Facultade de Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas acabando os estudos en 1959, o mesmo ano no que é destinado ao concello de Pedrafita facendose cargo da igrexa do Cebreiro. Alí comeza unha labor de dinamización da comarca buscando mellorar a calidade de vida dos seus habitantes ao mesmo tempo que axuda aos poucos peregrinos que nese momento pasan polo Cebreiro cara Santiago. Segundo vai pasando o tempo, Elías Valiña convértese no principal investigador e divulgador do Camiño de Santiago, recuperando tramos perdidos polo paso do tempo e realizando as primeiras cartografías das rutas para axudar aos peregrinos e marcando dende Roncesvalles o camiño establecido con frechas de cor amarelo.

Valiña publica unha "Guía do peregrino" que é un pequeno boletín pensado para que os camiñantes leven consigo ao facer as rutas con toda a información que estes precisan. En 1983 Elías Valiña é nomeado "Valedor do Camiño" e encoméndaselle a organización dun Congreso internacional do Camiño de Santiago que se celebrará en Jaca en 1987. Dous anos despois, con 60 anos e adoecido por un cancro, Elías Valiña morre tras trinta anos como cura do Cebreiro e unha vida adicada ao Camiño de Santiago, mais tamén ao Cebreiro, onde restaurou a igrexa, recuperou a hospedería e mellorou a calidade de vida dos habitantesao entregar as pallozas, vivendas prerromanas aínda habitadas en 1962, á Dirección Xeral de Belas Artes a cambio dunha serie de casas modernas e ben equipadas. A labor de Elías no Cebreiro debeuse a un gran esforzo e traballo constante realizado tanto por el coma pola súa familia, especialmente as súas irmáns Pilar e Amelia e os seus sobriños. Deste xeito, O Cebreiro converteuse nun dos puntos de referencia das rutas xacobeas e as frechas amarelas de Elías Valiña nun símbolo universal.

REDES SOCIAIS

MENÚ