608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

VI Xornadas Arraianas de Entrimo

Queremos facer público o nome do Arraiano Maior 2022, o historiador Xosé Manoel Núñez Seixas, que vai ser nomeado o día 6 de agosto en Entrimo (Ourense), no marco das VI Xornadas Arraianas, que se van celebrar neste concello da Raia Seca na primeira fin de semana de agosto.   

Programa

Arraiano Maior 2022 Xosé Manoel Nuñez Seixas

Xosé M. Núñez Seixas naceu en Ourense, 1966. O pai naceu na Habana, a súa avoa materna era arraiana de Soutelinho da Raia. Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas Universidades de Santiago de Compostela e Dijon (Francia). Doutorouse despois en Historia Contemporánea no Instituto Universitario Europeu de Florencia (Italia). Volveu a Galiza a finais de 1992 e iniciou unha carreira académica que o levou a ser catedrático de Historia Contemporánea na USC; entre 2012 e 2017 foino tamén na Universidade Ludwig Maximilian de Múnich (Alemaña). Foi profesor convidado nas universidades de Stanford, City University of New York, Paris VII e X, Verona e Mar del Plata. Os seus intereses de pesquisa centráronse no estudo dos movementos nacionalistas, as minorías nacionais e as identidades territoriais na Europa do século XX; as migracións galegas a América; a historia cultural e social da guerra e da violencia no século XX; a memoria das ditaduras e da violencia. Entre os seus últimos libros salientan The Blue Division on the Eastern Front, 1941-1945 (Toronto 2022); Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Vigo 2021), e Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea, 1945-2021 (Barcelona 2022).


A voz de Galicia: O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas será o Arraiano Maior 2022

MENÚ