608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto


Do 23 de febreiro ao 7 de maio de 2023

Temos que atopar unha palabra para definir a relación entre a radio e os ouvintes. Non somos da familia pero levádesnos nos vosos móbiles e coches. Deixádesnos entrar nas vosas casas con tal confianza que coñecemos até as vosas cociñas, baños e dormitorios. Non é cousa dun día ou dun mes. A relación de Radio Galicia cos ouvintes fai xa noventa anos. E seguimos na procura da palabra axeitada.

Radio Galicia na República, coas súas esperanzas e convulsións; durante o golpe de estado militar, a guerra civil, a represión franquista e a ditadura; na chegada da democracia, da autonomía e do progreso social; no delirio dunha burbulla financeira que nos levou a unha crise global ou durante a pandemia que parou o mundo facéndonos reparar na nosa propia fraxilidade.

Houbo tamén moitas mudanzas na fisionomía de Compostela e de Galicia, nos hábitos, na sociedade e na recuperación da dignidade para o noso idioma. E así levamos xa case un século de convivencia con Radio Galicia, vibrando e respirando canda ela. En horas, minutos e segundos, coma o tic tac dun corazón que latexa coa forza da nosa voz.

Despois de noventa anos de vida canda catro xeracións de galegas e galegos, seguimos na procura da palabra para definir a nosa relación. Achegámosvos os rostros e as voces dalgunhas das persoas que estiveron, están e van estar sempre ao noso carón para informarnos, entreternos e acompañarnos. A ver se así damos coa palabra axeitada.

Exposición sobre Camba en el Hotel Palace de Madrid

O museo da pataca abre as súas portas

O Museo da Pataca de Coristanco é unha obra colectiva, feita coa colaboración de persoas, institucións, colectivos e empresas. Un espazo vivo e dinámico, que sempre vai estar aberto a novas incorporacións e achegas para coñecer mellor o pasado, o presente e o futuro da pataca con máis sona de Galicia.

Comeza aquí un percorrido polo cultivo, a historia e toda a cultura popular da pataca de Coristanco. Unha viaxe que podemos facer grazas aos que habitaron estas terras antes ca nós, aos que homenaxeamos con agarimo neste museo, lembrando tamén aos pioneiros e pioneiras da pataca de semente de Bergantiños e os inicios da Festa da Pataca de Coristanco.

No menú de hoxe temos patacas ou castañas da terra, regueifa, fotografía, pintura, audiovisuais, apeiros de labranza, cestos, tallos, podcasts e todos os avances que nos permite a tecnoloxía para contarlles aos que nos visitan unha historia única e transmitirlles ás novas xeracións todo este saber. Porque delas depende o presente e o futuro da pataca de  Coristanco. A inauguración deste museo é un fito tan importante como prometedor.

A historia da autonomía galega ilustrada

O 10 de Setembro de 2021 innauguramos a exposición 40 Anos de Autonomía de Galicia nas Caricaturas de Siro comisariada por Aser Álvarez e producida por Arraianos Producións. Cun total de 231 caricaturas seleccionadas como as máis representativas entre 2000 candidatas, esta expo permite coñecer de forma amena a historia completa da autonomía de Galicia dende a súa fundación en 1981 até a actualidade. Xerardo Fernández Albor, Emilio Pérez Touriño, Abel Caballero Álvarez ou Antolín Sánchez Presedo son só algúns dos nomes que atopamos percorrendo a exposición no Parlamento de Galicia.

A vida lenta | Memorias e ritmos do rural galego

Esta exposición, realizada por AFundación e comisariada por Arraianos Producións e inaugurada o 9 de Marzo do 2021 convida a reflexionar sobre o pasado recente e o futuro das aldeas galegas. A VIDA LENTA estimula o debate sobre o ritmo de vida actual, a sostibilidade do medio, a nosa relación cos ciclos naturais ou o imaxinario do rural.

MENÚ