608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto


Do 23 de febreiro ao 7 de maio de 2023

Temos que atopar unha palabra para definir a relación entre a radio e os ouvintes. Non somos da familia pero levádesnos nos vosos móbiles e coches. Deixádesnos entrar nas vosas casas con tal confianza que coñecemos até as vosas cociñas, baños e dormitorios. Non é cousa dun día ou dun mes. A relación de Radio Galicia cos ouvintes fai xa noventa anos. E seguimos na procura da palabra axeitada.

Radio Galicia na República, coas súas esperanzas e convulsións; durante o golpe de estado militar, a guerra civil, a represión franquista e a ditadura; na chegada da democracia, da autonomía e do progreso social; no delirio dunha burbulla financeira que nos levou a unha crise global ou durante a pandemia que parou o mundo facéndonos reparar na nosa propia fraxilidade.

Houbo tamén moitas mudanzas na fisionomía de Compostela e de Galicia, nos hábitos, na sociedade e na recuperación da dignidade para o noso idioma. E así levamos xa case un século de convivencia con Radio Galicia, vibrando e respirando canda ela. En horas, minutos e segundos, coma o tic tac dun corazón que latexa coa forza da nosa voz.

Despois de noventa anos de vida canda catro xeracións de galegas e galegos, seguimos na procura da palabra para definir a nosa relación. Achegámosvos os rostros e as voces dalgunhas das persoas que estiveron, están e van estar sempre ao noso carón para informarnos, entreternos e acompañarnos. A ver se así damos coa palabra axeitada.

Na exposición podemos atopar

  • 86 fotografías con máis de 60 protagonistas da historia de Radio Galicia ao longo dos 90 anos de historia.
  • 49 podcast e enlaces con máis de 1 hora de contidos multimedia, principalmente compostos polas voces dos diversos protagonistas da radio en Galicia.
  • Varios materiais pertencentes aos irmáns Portela Seijo, pioneiros da radio en Galicia: Un micrófono, tres radios antigas e a primeira gravadora de fío portátil creada polos Portela Seijo en 1940.
  • Varios materiais relacionados coa figura de O Vello dos Contos (Xosé Mosquera Pérez) fotografías, guións, trofeos dos premios de podcast que levan o seu nome e o seu característico pucho cedido polo Museo do Pobo Galego.
  • Placa orixinal de 1932 coa identificación de EAJ-4 Radio Galicia.
  • Os tres premios ondas gañados por Radio Galicia en 1988, 2002 e 2013 e un Premio Serenidade que outorga a emisora.
  • Varios obxectos, micrófonos, pósters entradas e tíckets relacionados coa radio fórmula e a radio musical.
  • Ademais podemos atopar na entrada un “photocall” que nos permite sacar fotos como se estivesemos dentro dos estudios de Radio Galicia.




RNE 90 años de Radio en Galicia


A Radio Galicia cumpre 90 anos cunha exposición da súa historia (galiciaconfidencial.com)

Radio Galicia conmemora sus 90 años en funcionamiento con una exposición que repasa su historia (galiciapress.es)

MENÚ