608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Xosé Velo | Sen Fronteiras

Animal político, Xosé Velo non foi animal de rabaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o seu instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia que viviu en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior coma no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos.

Menos coñecidos aínda son os seus escritos. É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor, mais nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida, de publicar. Tocou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas…, case sempre movido polas urxencias históricas de cada día; ás veces, ao tratar de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova.

Este volume aspira modestamente a remediar a situación anterior dando a coñecer unha mostra ampla dos escritos de Velo. Cincuenta anos despois da súa morte, está por ver se, alén de seren testemuña do paso dun home polo mundo, teñen algo permanente que dicirnos.

Xela Arias | Sen Fronteiras

Consulta o libro "Xela Arias Sen Fronteiras aquí

Xela Arias sen fronteiras é moito máis ca un libro. Este proxecto multimedia é un percorrido sensorial por moitas desas fronteiras que cruzou Xela ao longo da súa vida, consciente de que é nos lindeiros onde acontecen as cousas máis interesantes. Por iso foi sempre unha forza desfronteirizante, que soubo derrubar muros e valados coa súa arte transgresora e coa súa radical independencia. Fíxoo como muller comprometida que era, mais tamén como nai, como poeta, filla, narradora, tradutora, editora ou letrista de rock.

Velaquí un petisco de todas estas Xelas, que non collen nesta fotobiografía sonora. Unha obra colectiva na que temos a sorte de contar coas imaxes do seu arquivo familiar e tamén coas fotos de Xulio Gil, quen foi parella de Xela Arias e pai do seu único fillo, Darío, a quen lle agradecemos moi especialmente o seu agarimo e xenerosidade para axudarnos a facer posible esta achega en forma de obra multimedia. Un proxecto no que hai desde rap e rock and roll ate poesía, desde pezas audiovisuais ou podcasts feitos por nenos e nenas, até a voz da propia homenaxeada nas Letras Galegas de 2021. Dámosvos a benvida a esta Xela Arias sen fronteiras.

Carvalho Calero | Sen Fronteiras

Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

  • Dirección e Coordinación: Aser Álvarez
  • Composición e interpretación musical: Moisés Quintas
  • Gravación e Masterización: Tameiga Sons
  • Deseño e Maquetaxe: Estudio Suab

MENÚ