TRABALLOS PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Sísifo Confuso.

Traballos e días de Francisco Leiro

Traballos e días de Francisco Leiro é unha longametraxe documental de Aser Álvarez para Arraianos Producións. Montaxe de Mario Burbano e música orixinal e ruídos de Lucía Martínez coas ferramentas de Francisco Leiro.

O choio era ver se se podía facer un achegamento ao traballo de Leiro ao estilo Leiro. Sen trécola estética nin didactismo nin idolatría romántica.

Traballos e días, entón. É dicir, as condicións físicas e mentais da creación: bosquexos, deseños, escalas, escolla e preparación do material, manexo de ferramentas, uso de máquinas, modelos ou fotografías, colaboradores, loxística, desenvolvemento da xornada laboral... Adubado isto con situacións de ocio na medida en que puideran estar vencelladas ao proceso creador: paseos, conversas, música, contemplación da obra de outros artistas...

Logo cumpría trabar as imaxes nunha estrutura circular, adaptándose ao ciclo en que Leiro se organiza. No espazo: Cambados-Madrid-Nova Iorque-Cambados, e no tempo: outono-primavera-inverno-verán.

Mesmo chegamos a facer música co ruído das ferramentas.

Abonda. Como di o propio Leiro no filme: - "Xa falei de máis".

Traballo deputación pontevedra Sísifo Confuso Arraianos Produccións portada

Traballo deputación pontevedra Sísifo Confuso Arraianos Produccións contraportada

MENÚ