608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Xosé Velo | Textos Escollidos

Xosé Velo Textos Escollidos é un libro que recolle unha importante e coidada selección de escritos que Xosé Velo escribiu na súa vida e que representan a súa forma de pensar e de ver o mundo.

€30.00
SKU Xos___Velo___Textos_Escollidos
Quick view

Sísifo Confuso

Traballos e días de Francisco Leiro é unha longametraxe documental de Aser Álvarez para Arraianos Producións. Montaxe de Mario Burbano e música orixinal e ruídos de Lucía Martínez coas ferramentas de Francisco Leiro.

O choio era ver se se podía facer un achegamento ao traballo de Leiro ao estilo Leiro. Sen trécola estética nin didactismo nin idolatría romántica.

Traballos e días, entón. É dicir, as condicións físicas e mentais da creación: bosquexos, deseños, escalas, escolla e preparación do material, manexo de ferramentas, uso de máquinas, modelos ou fotografías, colaboradores, loxística, desenvolvemento da xornada laboral... Adubado isto con situacións de ocio na medida en que puideran estar vencelladas ao proceso creador: paseos, conversas, música, contemplación da obra de outros artistas...

Logo cumpría trabar as imaxes nunha estrutura circular, adaptándose ao ciclo en que Leiro se organiza. No espazo: Cambados-Madrid-Nova Iorque-Cambados, e no tempo: outono-primavera-inverno-verán.

Mesmo chegamos a facer música co ruído das ferramentas.

€15.00
SKU S__sifo_Confuso
Quick view

Xosé Velo | Sen Fronteiras

Animal político, Xosé Velo non foi animal de rabaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o seu instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia que viviu en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior coma no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos.

Menos coñecidos aínda son os seus escritos. É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor, mais nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida, de publicar. Tocou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas…, case sempre movido polas urxencias históricas de cada día; ás veces, ao tratar de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova.

Este volume aspira modestamente a remediar a situación anterior dando a coñecer unha mostra ampla dos escritos de Velo. Cincuenta anos despois da súa morte, está por ver se, alén de seren testemuña do paso dun home polo mundo, teñen algo permanente que dicirnos.

€15.00
SKU Xos___Velo___Sen_Fronteiras
Quick view

Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano

Están separados no tempo por 1.600 anos pero comparten valores e filosofía de vida. A rebeldía e o inconformismo de dous galegos que traballaron por unha sociedade máis xusta e igualitaria e que acreditaban que outro mundo era posible.

Por unha banda, Prisciliano, o heterodoxo que viviu no século IV e que tan ben sintonizaba co pobo galego, combinando os cultos precristiáns e os saberes druídicos co cristianismo primitivo, denunciando a corrupción da xerarquía eclesiástica. E que precisamente por iso morreu decapitado, acusado de herexía, en Tréveris (Alemaña) no ano 385.

E por outra banda, Ramón Chao, o neno prodixio do piano, xornalista, escritor e intelectual, nado en Vilalba (Lugo) en 1935, infatigable activista cultural e político, que coordinou durante décadas a sección hispana e lusófona de Radio France Internacionale, autor de memorables libros e artigos e creador do premio Juan Rulfo, que morreu en 2018 e cuxas derradeiras teimas foron Prisciliano e o movemento altermundialista

€15.00
SKU Camiño de Ramón Chao
Quick view

Filter by Price


0.00 To €1000.00
MENÚ